Xa estamos en marcha!!
Podemos oir os primeiros podcasts deste curso no canal de Ivoox Ciencia Activa, dós estudiantes de BAC e ESO.
Andrea e Nerea de BAC explican brevemente o fenómeno da gota fría, mentres que Marcos e Jaime de 3º da ESO explican a problemática actual dos amieiros, estas árbores características das beiras dos nosos ríos.
Non deixedes de escoitalos:
viernes, 25 de octubre de 2019
viernes, 11 de octubre de 2019
Actividades prácticas Ciencia Activa: Actívate!
A que estás esperando? Elixe e actívate!
Criterios de cualificación para as actividades prácticas dende a materia de bioloxía e xeoloxía. Para puntuar ata un máximo de tres puntos e poder sumalos á proba escrita.. Podes elexir as actividades que farás, para poder sumalas ás puntuacións de cada control escrito:
- Animacións "Un minuto de Ciencia"-----------------máx.2 puntos
- Vídeos------------------------------------------------ máx. 2 puntos
- Presentacións Google drive ou power point---------máx.2 puntos
- Actividades interactivas en Educaplay---------------máx. 2 puntos
- Infografías------------------------------------------- máx. 2 puntos
- Murales interactivos--------------------------------- máx. 2 puntos
- Art Ciencia Activa------------------------------------ máx. 2 puntos
- Entrada no blog------------------------------------- máx. 1 punto
- Podcast----------------------------------------------- máx. 1 punto
- Actitude e caderno----------------------------------- máx. 1 punto
- Comentarios (max. catro)---------------------------máx. 0,25 puntos
Non esquezas que podes ussar Powtoon, Easelly, Genially, Poodle, Audacity, Vocaroo, Publisher... e outras moitas apps que facilitarán o teu traballo, é moi importante que selecciones o tema sobre o que farás a actividade e sempre relacionado ca materia de bioloxía e xeoloxía.
Lembra que os vosos traballos se compartirán nas redes do Proxecto Ciencia Activa, síntete orgulloso do teu traballo!
Empreguemos as redes sociais con fíns educativos!
* Ao longo do curso tamén ponderarán as participacións dende Ciencia Activa en diferentes proxectos de centro coma o Festival do Libro, Postcrossing, Euroescola, E-twining e outros.
Lembrade preguntar calquer dúbida que poda xurdir!!
* Ao longo do curso tamén ponderarán as participacións dende Ciencia Activa en diferentes proxectos de centro coma o Festival do Libro, Postcrossing, Euroescola, E-twining e outros.
Lembrade preguntar calquer dúbida que poda xurdir!!
martes, 8 de octubre de 2019
Maravillas animais nas Rías Galegas!
Nas Rías Galegas hai unha gran riqueza de especies.A situación das rías na plataforma continental, onde o aporte de sedimentos é grande, hai que engadirlle o fenómeno local de afloramento de aguas profundas e frías cheas de nutrientes, que fan das rías un lugar axeitado para a acuicultura. Lembremos o Parque Nacional das Illas Atlánticas limitando as Rías Baixas Galegas, un enclave privilexiado para atopar especies endémicas e de gran valor medioambiental. En resumo, as augas galegas son ricas en biodiversidade!
Neste vídeo podemos ver preciosas imaxes sobre as peculiaridades do "Cabaliño de mar" nas augas galegas, unha especie cuxa presencia garantiza a calidade das augas xa que é un fiable bioindicador biolóxico!
Sabías que:
Está cuberto de placas óseas coma se levase unha armadura?
E o macho o que queda preñado?
Usa a súa cola para suxetarse?
Hibernan? ou que aspiran o zooplanton do que se alimentan?...
estas e outras curiosidades podémolas ver neste vídeo publicado por GCiencia, unha verdadeira maravilla da Natureza nas augas de Galicia!
lunes, 16 de septiembre de 2019
Benvida ao curso 2019- 2020!
O Colexio Padre Feijoo- Zorelle, abre as portas a todo o alumnado de secundaria e bacharelato para o inicio do curso académico 2019- 2020. Benvid@s!
Neste primeiro día de colexio que comezamos con moita ilusión, reencontros entre novos e vellos amigos, sorrisos e moitas emocións ante esta aventura que iniciamos todos xuntos.
As aulas están preparadas... pero valeiras, hoxe 16 de setembro encherémolas!
Dende este blog como profe de Bioloxía e Xeoloxía en 3º,4º ESO, 1º e 2º BAC e coordinadora do Proxecto Ciencia activa comunicarei as actividades, proxectos e planificacións do curso nas materias que imparto.
O Proxecto Ciencia Activa, continúa neste novo curso cheo de actividades para plantexar dúbidas e axudar ao desenvolvemento do pensamento crítico, indagando sobre novas científicas e intentando aprender empregando os nosos blogs de alumnos de ESO e BAC.
O alumnado de 4º de ESO A, serán os contribuíntes do blog: "Ciencia Activa, ESO é!, e pouco a pouco aprenderán a facer entradas no blog, audios, vídeos, podcast...e moitas máis actividades! O alumnado de 1º e 2º de BAC xestionarán o blog: "Proxecto Ciencia Activa".
Deséxovos un feliz, científico e activo curso!
Obxectivo: acadar o ÉXITO!!!
lunes, 6 de mayo de 2019
O baile da mitose!
Este curso en 4º ESO académicas, estivemos estudiando a mitose dun xeito diferente, xa que estudiaron a letra dunha canción que explica o proceso, deseñaron unha coreografía e a bailaron.
Cada estudiante formaba parte dunha célula animal, a membrana plasmática eran varios alumnos unidos por telas amarelas, e no interior outro grupo era, con telas de cor laranxa, a membrana nuclear, no seu interior o ADN en forma de cromatina. Ao longo da canción vanse modificando as estructuras, desparecen a membrana nuclear, o nucleolo e aparecen os cromosomas. Pasando polas fases de: profase, metafase , anafase e telofase ata conseguir dúas células fillas iguais entre sí e a célula nai da que proveñen.
No vídeo vemos uns debuxos animados que representan o proceso de xeito continuo elaborados nunha tablet por Carlos Cuesta estudiante de Ciencia activa- Bac.
lunes, 29 de abril de 2019
Pasapalabras de Ciencia!!!
No hai mellor xeito de aprender que xogando! Os alumnos de bioloxía de 2º BAC elaboraron dous pasapalabras de bioloxía empregando Educaplay.
Todo o alumnado de secundaria participou nun sorteo que permitiu formar dous grupos para xogar e competir divertíndose, todo o público atento e concentrado como podedes ver neste pequeno vídeo que amosa o interesante que foi esta actividade.
viernes, 26 de abril de 2019
Ciencia e Teatro no VI Festival del Libro: "Leer es crecer"
O proxecto consistiu en elexir figuras relevantes da historia da ciencia ou algún tema de ciencia que nos chame a atención, e elaborar breves obras de teatro para interpretar aos compañeiros doutros cursos. A idea e que aprendan ciencia
de xeito divertido, desenvolvendo un pensamento crítico e potenciando o aprendizaxe entre iguais. Neste vídeo un grupo de alumnos de 1º Bac, explican a producción de hormonas en diferentes momentos da vida dun xoven, con moito humor!!!!!
Neste outro vídeo representan cómo Alfred Wegener defendeu A Deriva Continental aos seus compañeiros científicos... e aclaran os acertos e erros de Wegener.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






