SEMANA XI Sesión 29 Darwin considérase o pai das teorías Evolutivas, as ideas de darwin recolleunas no seu libro: A orixe das especies. Neste vídeo podedes ver a explicación ao Darwinismo e no libro de texto na páxina 176.
SEMANA XI Sesión 32 A función de relación e a que permite captar cambios ambientais (estímulos) e responder a eles. No ser humano existen dous sistemas de coordinación o Sistema nervioso e o sistema Hormonal. Neste vídeo podedes ver as características xerais que os diferencian.
ACTIVIDADE: FAI UN ESQUEMA NA LIBRETA CAS DIFERENCIAS ENTRE OS DOUS SISTEMAS DE COORDINACIÓN
SEMANA XI Hoxe comezamos o mes de xuño e ainda que na distancia seguemos en contacto, o curso está chegando ao seu fin. A pesar das condicións tan tan extraordinarias que vivimos no curso 2019- 2020, a aprendizaxe continua e pronto chegará o día 19 de xuño, no que remata o curso. Lembrarvos que as calificacións tamén as poderedes consultar a través da aplicación Abalar ou solicitándoas ao correo, pero debedes esperar a sesión de avaliación final, xa vos avisarei cando estén publicadas, e tamén o faremos na web e redes sociais do colexio. As veces parécenos un sono extrano pensar tivemos que estar nas casas sen saír preto de dous meses, e ainda que agora comezamos a pasar de fases e voltamos a intentar recuperar a vida dentro da ¨normalidade¨, debemos seguir cas medidas de prevención sanitarias sempre!. Todo isto fainos sentir extranos e debemos facer un esforzo todos por axudarnos, na casa, cos amigos, co teletraballo e intentar normalizar todo o que podamos a nosa realidade. Debemos asumir de xeito responsable a situación na que estamos e na que teremos que vivir a partir de agora! Lembrarvos a recollida de libros de préstamo que será pola tarde o xoves DÍA 25 de XUÑO- 4º ESO de 16h a 18 h no hall do colexio (IMPORTANTE: Cada curso respetará o día de entrega para evitar acceso de moita xente ao colexio)
SEMANA XI Sesión 28 O Lamarkismo é a primeira Th. Evolucionista, e para coñecer as súas principais ideas atendede a este vídeo e consultade o libro na páxina 175.
SEMANA XI Sesión 20 A estrutura interna da Terra Para coñecer as partes da estrutura do interior terrestre recurrimos a métodos de estudio directos (prospección mineral, análise de meteoritos) e indirectos (os seísmos, o calor interno, a gravidade, o paleomagnetismo...) De tódolos métodos o que máis información da son as ondas sísmicas e a súa velocidade, un cambio na velocidade destas ondas determina unha superficie de discontinuidade, que indica unha diferencia na composición química dos materiais que atraviesa. Neste vídeo tes unha explicación moi sinxela dos dous modelos da estructura interna da Terra:
A continuación na unidade 11 do libro de texto poderás atopar as capas mecionadas no vídeo. ACTIVIDADE: Realiza na libreta un debuxo cas capas internas que podemos atopar na estrutura interna da Terra.