lunes, 17 de diciembre de 2012

Pregúntalle ó científico!

O día 23 de xaneiro, unha representación de alumnos do noso Colexio ten a posibilidade de asistir a un debate co Doutor Rafael Maldonado no Auditorio. Os alumnos que xa visitástedes a exposición Falemos de Drogas e importante que consultedes as tres unidades didácticas para facer cuestións sobre elas. As preguntas elixidas enviaranse ós organizadores e as faredes directamente ó científico.
As cuestións podedes darmas na aula ou ben envialas como comentarios a esta entrada, antes do xoves.

viernes, 7 de diciembre de 2012

Plan Trimestral - 1ªAvaliación

Lembrade as datas do 2º control e a repetición do 
1º control para os que o teñan suspenso:
 
3ºESO A y 3ºESO B..........luns 10 de decembro.
4ºESO A y 4ºESO B..........mércores 12 de decembro.

Recuperación da 1ªAvaliación será o xoves 10 de xaneiro

 Xa sabedes que a nota da avaliación é un 70% as probas
 escritas, 20% a actitude e comportamento, e un 10% para 
traballos e cuaderno.   

miércoles, 28 de noviembre de 2012

Visita á exposición: "Falemos de Drogas"

Os alumnos da ESO do Colexio, visitaron a exposición interactiva sobre a prevención e os efectos das drogas na saúde e na sociedade, organizada pola Fundación A Caixa e o Concello de Ourense.
É moi importante que consultedes esta dirección www.hablemosdedrogas.org , onde tedes toda a información e tamén podedes facer unha visita virtual.
Resulta moi interesante e formativo para todos, pais,  profesores, e por suposto rapaces!

Nesta foto está o grupo de 4ºESO A
antes da visita guiada á Exposición.

lunes, 26 de noviembre de 2012

Atopado "Trevo de catro follas" en Ourense que se pensaba extinguido

En Bóveda (preto de Amoeiro) foi atopada unha variedade de trevo de catro follas, a "Marsilea quadrifolia". É un fento extremadamente delicado, que se pensaba extinguido.  
Este fento acuático sobrevive soamente en certas condicións especiais, necesita estar encharcado a maior parte do ano e quere ter sol e aire o resto do tempo para favorecer a súa reprodución. 
A Marsilea quadrifolia creceu en España durante varios anos de forma salvaxe, pero foi desaparecendo. A especie ten un valor ambiental importantísimo e cren que debe ser posta en observación e protexida canto antes. 



A especie foi identificada por especialistas galegos e do Xardín Botánico de Madrid, pero falta facer unha proba xenética que confirmaría se a marsilea ourensá é a única que prospera en España de xeito salvaxe (noticia publicada no diario "El País").

jueves, 15 de noviembre de 2012

Eclipse total de sol

Onte, 14 de novembro, tivo lugar un eclipse de sol que se observou dende Australia, ainda que afectou a outras partes do Pacífico. A lúa bloqueou o sol provocando un dobre amencer.  Os eclipses solares prodúcense cando a lúa alínease co sol no ceo, borrando o disco solar dende a perspectiva de un observador na Terra. 

Imáxes do eclipse total de sol (La Voz de Galicia)

miércoles, 7 de noviembre de 2012

Premio Nobel de Medicina 2012

Nova científica: John B. Gurdon e Shinya Yamanaka son os premiados co Nobel de Mediciña.
Aproveitando que estades estudiando as células, a diferenciación celular, as céluas nai...é importante que vexades estes vídeos que explican a relevancia que ten para todos a investigación das células co fin de curar enfermidades!

miércoles, 24 de octubre de 2012

Datas Controis 1ªAvaliación

Lembrade:
26 outubro venres- 1ºBAC ( Temas 1, 2, 3 )
29 outubro luns- 3ºESO A y 3ºESO B (Temas 1, 2 )
30 outubro martes- 2ºBAC (Temas 2,3,4,5)
31 outubro mércores- 4ºESO A y 4ºESO B (Temas 1,2 )

As probas escritas son o 70% da calificación, a actitude nas clases un 20%, e os traballos e cuaderno o 10% restante.