martes, 29 de enero de 2013

Plan Trimestral - 2ª Avaliación

Lembrade as datas dos primeiros controis de Bioloxía e Xeoloxía  da 2ª Avaliación:

3ºESO A e 3ºESO B -------------- Luns 4 de febreiro 
4ºESO A e 4ºESO B--------------Mércores 6 de febreiro
1ºBAC-----------------------------Venres 8 de febreiro

 Xa sabedes que podedes consultarme calquer dúbida, na aula ou nas titorías.

miércoles, 9 de enero de 2013

2013 Ano Internacional da Quinua e da Cooperación na Esfera da Auga


Qué é a quinua? É o único alimento vexetal que ten os aminoácidos esenciais, oligoelementos e vitaminas para a vida, ademais de non ter glute. Pode crecer en condicións duras, soportando dende os -8º C ata os 38º C, pódese sementar dende o nivel do mar ata os 4000 metros de altura, é resistente as secas e aos solos pobres. Por iso, o seu emprego pode ser a solución alimentaria en moitos países. 

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou este ano 2013 como o "Ano Internacional da Quinua", en recoñecemento das prácticas ancestrais dos pobos andinos, que preservaron a quinua como alimento para xeracións presentes e futuras.

Tamén, o 2013 foi declarado "Ano Internacional da Cooperación na Esfera da Auga" pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, co obxectivo de dar a coñecer o potencial que implicaría un aumento da cooperación na xestión dos recursos hídricos, debido o aumento da demanda de acceso, asignación e os servizos dos recursos hídricos.

lunes, 17 de diciembre de 2012

Pregúntalle ó científico!

O día 23 de xaneiro, unha representación de alumnos do noso Colexio ten a posibilidade de asistir a un debate co Doutor Rafael Maldonado no Auditorio. Os alumnos que xa visitástedes a exposición Falemos de Drogas e importante que consultedes as tres unidades didácticas para facer cuestións sobre elas. As preguntas elixidas enviaranse ós organizadores e as faredes directamente ó científico.
As cuestións podedes darmas na aula ou ben envialas como comentarios a esta entrada, antes do xoves.

viernes, 7 de diciembre de 2012

Plan Trimestral - 1ªAvaliación

Lembrade as datas do 2º control e a repetición do 
1º control para os que o teñan suspenso:
 
3ºESO A y 3ºESO B..........luns 10 de decembro.
4ºESO A y 4ºESO B..........mércores 12 de decembro.

Recuperación da 1ªAvaliación será o xoves 10 de xaneiro

 Xa sabedes que a nota da avaliación é un 70% as probas
 escritas, 20% a actitude e comportamento, e un 10% para 
traballos e cuaderno.   

miércoles, 28 de noviembre de 2012

Visita á exposición: "Falemos de Drogas"

Os alumnos da ESO do Colexio, visitaron a exposición interactiva sobre a prevención e os efectos das drogas na saúde e na sociedade, organizada pola Fundación A Caixa e o Concello de Ourense.
É moi importante que consultedes esta dirección www.hablemosdedrogas.org , onde tedes toda a información e tamén podedes facer unha visita virtual.
Resulta moi interesante e formativo para todos, pais,  profesores, e por suposto rapaces!

Nesta foto está o grupo de 4ºESO A
antes da visita guiada á Exposición.

lunes, 26 de noviembre de 2012

Atopado "Trevo de catro follas" en Ourense que se pensaba extinguido

En Bóveda (preto de Amoeiro) foi atopada unha variedade de trevo de catro follas, a "Marsilea quadrifolia". É un fento extremadamente delicado, que se pensaba extinguido.  
Este fento acuático sobrevive soamente en certas condicións especiais, necesita estar encharcado a maior parte do ano e quere ter sol e aire o resto do tempo para favorecer a súa reprodución. 
A Marsilea quadrifolia creceu en España durante varios anos de forma salvaxe, pero foi desaparecendo. A especie ten un valor ambiental importantísimo e cren que debe ser posta en observación e protexida canto antes. 



A especie foi identificada por especialistas galegos e do Xardín Botánico de Madrid, pero falta facer unha proba xenética que confirmaría se a marsilea ourensá é a única que prospera en España de xeito salvaxe (noticia publicada no diario "El País").

jueves, 15 de noviembre de 2012

Eclipse total de sol

Onte, 14 de novembro, tivo lugar un eclipse de sol que se observou dende Australia, ainda que afectou a outras partes do Pacífico. A lúa bloqueou o sol provocando un dobre amencer.  Os eclipses solares prodúcense cando a lúa alínease co sol no ceo, borrando o disco solar dende a perspectiva de un observador na Terra. 

Imáxes do eclipse total de sol (La Voz de Galicia)