viernes, 31 de mayo de 2013

Homenaxe a J.R. Petri

Julius Richard Petri, o gran microbiólogo alemán, inventor das placas Petri, é homenaxeado en google no aniversario do seu nacemento, polas súas aportacións no campo da Microbioloxía.


Máis información na noticia de "La Voz de Galicia": Julius Richard Petri, creador de universos artificiales.

miércoles, 15 de mayo de 2013

Exposicións 1ºBAC

Na materia de Ciencias do Mundo Contemporáneo, os alumnos de 1ºBAC seleccionaron temas sobre saúde. Traballaron a competencia dixital facendo unhas presentacións, que explicaron os seus compañeiros usando o encerado dixital interactivo.
Aquí tendes algúns exemplos, iremos pondo outros o longo do trimestre.

lunes, 6 de mayo de 2013

Día do Científico Galego 2013: Padre Feijoo

     Hoxe, a través da Área de Investigación e Educación da Fundación Pedro Barrié en colaboración coa Real Academia Galega das Ciencias, os alumnos de 3º e 4º da ESO descubriron algunhas experiencias científicas que cambiaron a percepción do mundo. Experiencias eléctricas de Galvani e Leyden, experimentos de Bacon... entre outras actividades sorprendentes, como homenaxe a figura do ourensán Padre Feijoo distinguido como Científico Galego no ano 2013.

domingo, 5 de mayo de 2013

Ciclo Reproductor do VIH

Neste vídeo podemos ver a acción do VIH sobre ás células co fin de reproducirse e destruir o noso sistema inmunolóxico. Tamén explica dun xeito sinxelo o papel dos antirretrovirales. É interesante coñecer a forma de actuar deste retrovirus, pero especialmente pode axudar os alumnos de 2ºBAC xa que teñen que estudialo.

miércoles, 1 de mayo de 2013

Plan trimestral

Organiza o teu estudio!
Prepara os controis de mayo da 3ª avaliación, lembra:
10 mayo venres--------------1ºBAC (Reproducción humana, Fotosíntese e Reproducción vexetal)
13 mayo luns--------------3ºESO A e 3ºESO B(Os sentidos, o Aparello locomotor e Reproducción humana)
15 mayo mércores--------------4ºESO A e 4ºESO B( Dinámica ecosistemas e Modelaxes) 


2ºBAC: 3ªAvaliación- 1control-------3 de mayo
  Proba Final------------------------------24 de mayo

Calquer dúbida podedes consultarme nas clases ou os xoves pola tarde.
Xa sabedes que é importante programar o estudio con tempo. Ánimo!

viernes, 26 de abril de 2013

As Médulas do Bierzo: unha paisaxe cultural e natural


A zona arqueolóxica Médulas ten numerosos recorridos naturais que invitan o paseo e o disfrute do medio, a visita guiada que fixemos o grupo de 4º ESO permitiunos comprender mellor unha das maiores explotacións mineras da época romana.
Pasamos un día estupendo disfrutando da natureza, o tempo que aprendemos curiosidades da enxeñería romana.
Moitas grazas polo voso comportamento!


jueves, 25 de abril de 2013

50 anos do descubrimento da Dobre Hélice do ADN


O 25 de abril do 1953 os biólogos James Watson e Francis Crick presentan os resultados das súas investigacións na revista Nature, describindo a estrutura molecular do ADN, en forma de dobre hélice.

(Fuente: sinc - El ADN ya tiene forma)