domingo, 16 de octubre de 2016

Día Mundial da Alimentación 2016

 O clima está cambiando. A alimentación e a agricultura tamén.

A poboación mundial crece de xeito constante e para cubrir unha demanda tan grande de alimentos, os países teñen que adaptar os sistemas agrícolas e alimentarios á os efectos do cambio climático e facerse resilientes, productivos e sostibles.



O obxectivo mundial de lograr o Fame Cero fixouse para 2030: un obxectivo ambicioso e que non pode acadarse sen facer frente ao cambio climático!
O ano 2016, un ano para actuar! 

Na Cume do Desenvolvemento Sostible da ONU en setembro do 2015, un total de 193 países comprometéronse a rematar ca fame no mundo nos próximos quince anos. O histórico Acordo de París sobre o Cambio Climático está listo para entrar en vigor, xusto a tempo para a próxima conferencia sobre o cambio climático, COP22, que terá lugar do 7 ao 18 de novembro de 2016 en Marrakech.


A nosa tarea colectiva é cambiar os compromisos en accións! Que podo facer?
Cada un temos un papel que desempeñar para mitigar os efectos do cambio climático:

  • Os países teñen que invertir nos pequenos agricultores e no aumento sostible da producción de alimentos.
  • Sexamos consumidores conscientes e éticos.
  • Desperdiciemos menos alimentos.
  • Non desperdiciar auga
  • Diversificar a nosa dieta
  • Manter limpos solos e auga
  • Eficiencia enerxética
  • Almacenar alimentos de forma intelixente
  • Xenerar menos basura
  • Protexamos os bosques e aforremos papel
  • Promovamos solucións!
Reducir a nosa pegada ambiental para mellorar as cousas!

miércoles, 21 de septiembre de 2016

Desmontando ao alcohol, co novo calendario escolar!

O Concello de Ourense a través da Concellería de Sanidade, de novo editou un calendario escolar cunha selección dos mellores debuxos e microrrelatos da III Edición do concurso: Apúntate unha idea.
O colexio Padre Feijóo ven participando en tódalas edicións, a través do Departamento de Ciencias Naturais, e afortunadamente os estudiantes obtiveron sempre premios na categoría slogan, lembraremos:
"O alcol non mola, amola", "Co alcol perdes o control", "Apúntate esta o alcol apesta" e o primeiro premio deste ano: "Don Botellón é un matón".
Pero tamén debuxos e relatos de escolares do colexio foron publicados en paneis e calendarios como os que se editaron para este curso 2016- 2017.
Neste calendario do curso escolar 2016- 2017 aparecen tres traballos de alumn@s do noso colexio.
Autor: Miguel Quiroga

Parabéns a Miguel Quiroga polo seu impactante debuxo que protagoniza o mes de xaneiro, Miguel participou coma alumno de 4º de ESO e agora xa está en 1º de bacharelato.
Autor: Tomas Pérez

Noraboa a Thomas Pérez, que co seu colorido debuxo destaca no mes de febreiro, concursou coma alumno de 2º de ESO e agora xa é alumno de 3º.

Remata o curso en xuño onde no calendario podemos ler e reflexionar co fermoso microrrelato de Anaís Siota que fixo o seu relato en 3º e agora comeza 4º da ESO, Parabéns Anaís!



 Este ano de novo participaremos nesta iniciativa da concellería de sanidade do Concello que ten coma obxectivo previr o consumo de alcohol nos adolescentes. Moitas grazas a tod@s por participar e noraboa aos que ven publicados os seus traballos, parabéns!






jueves, 15 de septiembre de 2016

Inicio do curso 2016-2017!

Resultado de imagen de bienvenidosHoxe día 15 de setembro retomamos a actividade escolar, reencontros, sorrisos e o primeiro contacto cas aulas, compañeir@s e profesores.
Dende a materia de bioloxia e xeoloxía lembrade que somos Ciencia Activa, e pronto retomaremos a actividade dos blogs con novos contribuíntes que colleredes a testemuña de ambos blogs tanto en BAC coma na ESO, sei que é unha responsabilidade pero contaredes coa miña axuda, non teño ningunha dúbida de que o faredes moi ben. O curso pasado tivemos un excelente recoñecemento o noso traballo, con primeiro premio co blog alumnos, fomos afortunados!
Continuaremos con proxectos que xa coñecedes coma: ArtCiencia, Coach- Kids, Novos profes, colaboracións Post Crossing, microrrelatos científicos...e algún outra novidade que xa iremos contando e que vos permitirán mellorar as vosas calificacións e aprender por vos mesmos!
Benvidos a tod@s e feliz curso!

Así rematamos o curso en xuño, premiados!

Non hai mellor forma de rematar o curso!
O blog de alumnos de secundaria do colexio Padre Feijoo- Zorelle foi recoñecido este pasado sábado 11 de xuño, coma o mellor blog de ESO dos presentados na X Edición do Concurso Espiral Edublogs!
En Medialb Prado asistimos a entrega de premios unha representación dos alumnos, Xu e Diego de 4º de ESO acompañados por dúas profes (Chus e Bea como coordinadora do blog). Unha experiencia inolvidable, da que se fan eco no seguinte post do blog premiado.
Engadir que foi importante a repercusión na prensa local, na televisión local e tamén en dúas ocasións no telexornal da televisión galega, non vos perdades estes vídeos cas novas, FAI CLICK NAS IMAXES:





                                                                   
Coma profesora coordinadora dos blogs de Ciencia Activa, non me podo sentir máis orgullosa dos meus alumn@s e do voso traballo, noraboa sodes fantásticos!

lunes, 30 de mayo de 2016

31 DE MAIO- Día Mundial sen tabaco!


Día Mundial sen tabaco 2016 está adicado ao empaquetamento neutro! 
O empaquetado neutro é unha importante medida de reducción do tabaco, disminuie o atractivo dos productos do tabaco e restrinxe o uso dos paquetes coma soporte para publicitar o tabaco. Limita o entiquetado engañoso e fai máis efectivas as advertencias sanitarias.
Debemos lembrar algúns dos principais efectos nocivos do tabaco:

  • A nicotina produce dependencia.
  • O monóxido de carbono é un gas que procede da combustión incompleta da hebra de tabaco, tamén se libera na combustión de gasolina ou diesel nos vehículos, polo tanto elevada toxicidade!
  • Gases irritantes no fume do tabaco que afectan as vías respiratorias.
  • Sustancias canceríxenas no fume do tabaco coma o Bezopireno, que se forma na combustión do tabaco e o papel dos cigarrillos.
  • As persoas próximas ao fumador tamén son afectadas polo fume do tabaco: os fumadores pasivos.


domingo, 29 de mayo de 2016

II Semana das Ciencias

Conferencias, charlas- taller, prácticas e videoconferencias!
Na primeira semana de xuño o colexio celebra a II Semana das Ciencias, na que aproveitamos para expór unha mostra dos traballos realizados en infantil, primaria, secundaria e 1º Bac.
Os alumn@s de ESO e bac mostrarán os traballos #ArtCienciaActiva e desenvolverán o proxecto "Novos profes- pequenos científicos" no que explican a escolares de infantil e primaria prácticas como:

  • Aprender qué é unha pipeta e pipeteamos con refrescos!
  • O ovo máxico que pode encoller e entrar na botella
  • O ovo que aprende a nadar grazas aos polvos máxicos!
  • Cómo inflar un globo sen soplar!
  • Imitamos a erupción dun volcán!
  • O noso popio espirómetro
  • Algunhas mezclas non son doadas! e moitas máis...

sábado, 30 de abril de 2016

Charla sobre Ciencia Activa

O día 12 de abril impartín unha charla a través do Cefore de Ourense, a outros mestres e mestras no CEIP " Ben Cho Shey", contando a miña experiencia co Proyecto Ciencia Activa dende o ano 2013 ata hoxe. Esta foi a presentación que empreguei na charla, na que compartín as actividades desenvolvidas en Ciencia Activa durante un par de horas.
Na exposición conto con entusiasmo e satisfacción, o ben que traballan os estudiantes de ESO e BAC de Ciencia Activa do colexio Padre Feijóo-Zorelle, e ademáis encántame falar de tod@s e contar anécdotas, compartir vivencias docentes que me enriquecen coma profesora e como persoa.



Foi un privilexio poder falar e mostrar os traballos e a metodoloxía que empregamos, nas diferentes tarefas que se fan en Ciencia Activa, e que plasmamos nos dous blogs de alumnos de proyecto:
Blog alumnos Bac: Proxecto Ciencia Activa
Blog de alumnos Eso: Ciencia Activa, ESO é! 

Considero unha sorte poder adicarme a un traballo apasionante, a ensinanza, no que aprendo tódolos días dos meus alumn@s!


bea4