lunes, 13 de marzo de 2017

III Concurso de Microrrelatos Científicos

Que é un microrrelato científico? É un texto curto onde contas algo empregando terminoloxía de ciencias (poden ser termos de bioloxía, matemáticas, física, química, ou xeoloxía).
O importante é que sexa inédito, deixade voar a vosa imaxinación xa que a temática é libre, e todos sabedes ser creativos!. Lembrade: Podedes facer o microrrelato en galego ou castelán, cun máximo de 150 palabras!
A entrega dos microrrelatos está aberta ata o 1 de abril, no correo: beatriz@feijoozorelle.com
A entrega de premios será na clausura do IV Festival do Libro, e os mellores serán expostos nun mural durante a Semana Cultural no mes de abril. 
Podedes ver nestes vídeos os microrrelatos científicos seleccionados nas edicións anteriores:





viernes, 3 de marzo de 2017

3 de marzo Día Mundial da Vida Silvestre!

O Día Mundial da Vida Silvestre tamén se celebra coma o Día Mundial da Natureza, o que se pretende é crear conciencia da multitude de beneficios que ten a conservación da flora e fauna salvaxes para a humanidade. Xa que contribúen ao desenvolvemento sostible dende multiples aspectos: ecolóxicos, xenéticos, sociais, científicos, educativos, recreativos e estéticos.


Neste Día Mundial da Vida Silvestre, anímase á participación da xuventude para facer frente aos problemas relacionados coa conservación. A perda do hábitat, cambio climático, o tráfico de especies e a caza furtiva son algúns dos desafíos máis alarmantes que enfrentan as especies hoxe en día.
Neste enlace podemos ver un vídeo sobre o delito contra a flora e fauna silvestres:




lunes, 20 de febrero de 2017

IV Concurso de Presentacións Ciencia Activa

Nesta lista de slideshare podemos ver as presentacións realizadas para os concursos de Ciencia Activa nestes últimos cursos.

Lembrade, unha presentación precisa de:

Título, índice, claridade de ideas, pouco texto, imaxes axeitadas e libres de dereitos, un formato claro, conclusións ou resumo, mención a bibliografía empregada.

IV Concurso de presentacións Ciencia Activa, remata o prazo o 31 de marzo. As últimas dezasete son as presentadas neste curso ainda tedes tempo de facelo, e ademáis sabedes que é unha actividade que puntúa para a cualificación na materia de bioloxía e xeoloxía en 3º e 4º de ESO e 1º BAC. Entrega de premios na Clausura do IV Festival do Libro.
Facendo presentacións e como se aprende, o importante é ir mellorando e explicalas na aula a todos os demáis.
Parabéns e a seguir traballando!

domingo, 19 de febrero de 2017

4º Concurso "Apúntate unha idea" DESMONTA O ALCOL!

A Consellería de Sanidade presenta a cuarta edición do Concurso “Desmonta o alcohol. Apúntate unha idea”, destinado a alumnos da ESO do Concello de Ourense. Nesta edición o tema é Podes ser ti mesmo (sen o alcol), para que axude a inspiración e gravación dun clipmetraxe, unha nova modalidade do concurso.
Bases
  • Os participantes serán estudantes da ESO do Concello de Ourense
  • Pódese concursar individualemnte ou en grupo cun máximo de dúas persoas
  • Podese participar nunha ou en varias categorías, cun único desenvolvemento creativo
  • O tema das propostas deberá estar relacionado con: “O poder de ser ti mesmo (sen alcohol)”
  • O xurado será nomeado pola Concellería de Sanidade e a súa decisión será inapelable.
  • O Concello resérvase o dereito sobre os traballos presentados, que non se devolverán

Categorías

Haberá catro categorías:
  1. Un eslogan en galego ou castelán con cinco palabras como máximo para resumir a idea
  2. Unha acción en galego ou castelán para difundir a idea.
  3. Un debuxo que exprese a idea.
  4. Un microrrelato en galego ou castelán cunha extensión máxima de 150 palabras.
  5. Unha curtametraxe de non máis de UN minuto para gravar a idea.                                                                                           ÁNIMO E A PARTICIPAR!



viernes, 10 de febrero de 2017

Teatro e Ciencia para o próximo Festival do Libro!

Ante a proximidade do IV Festival do Libro, os estudiantes de Cultura Científica xa están empezando a buscar información sobre os científicos e científicas para contarlles a través de breves representacións teatrais, que eles mesmos elaboran,  cas que contan con humor as principais achegas científicas. Nesta ocasión serán "Sueños de Ciencia" de Darwin, Mendel, Pasteur, Copérnico, Wegener ou Ada Byron...

1º Informarse, leer, analizar, sintetizar para poder discurrir e redactar os fragmentos da vida dos célebres científicos a destacar:



                                                                                 

 2º Comezar a por en común as ideas de como contar a Selección natural, as leis de Mendel e moito máis...de xeito divertido!
Primeiros ensaios!
                                              





 Ainda queda moito traballo pero xa empezan a perder o medo e a interpretar e entender o que explican aos demáis.
Moi ben rapaces!

jueves, 9 de febrero de 2017

11 de Febreiro: Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

A Asamblea Xeral das Nacións Unidas decideproclamar o 11 de febreiro coma o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas. Educar en la igual de oportunidades, animar e despertar o interese pola ciencia, a tecnoloxía, e a matemática nas nenas do mesmo xeito que nos nenos. Non te perdas este breve vídeo: as mulleres aportan  creatividade na Nasa!


Os alumnos de 4º da ESO, para celebrar este día, investigaron as aportacións dalgunhas das grandes científicas que lle chamaron a atención e elaboraron post a modo de ficha de datos de cada unha: biografía, aportacións científicas e recoñecementos. 
Tamén elexiron un modelo actual de científica, unha exalumna do colexio. Non deixes de consultalas entradas no seu blog ou neste enlace: MULLERES E CIENCIA en Ciencia Activa, ESO é!
Ti tamén podes ser científica!

jueves, 26 de enero de 2017

26 de xaneiro Día Mundial da Educación Ambiental!

A Educación Ambiental é un proceso dinámico e participativo, que busca espertar na poboación unha conciencia que lle permita identificarse coa problemática ambiental tanto a nivel xeral (mundial), como a nivel específico (medio onde vive).
Tamén busca identificar as relacións de interacción e independencia que se dan entre o ambiente (medio ambiental) e o home, así como tamén se preocupa por promover unha relación harmónica entre o medio natural e as actividades humanas a través do desenvolvemento sustentable, todo isto co fin de garantir o sostemento e calidade das xeracións actuais e f
uturas.
A Educación Ambiental, ademais de xerar unha conciencia e solucións pertinentes aos problemas ambientais actuais causados polas actividades humanas e os efectos da relación entre o home e o medio ambiente, é un mecanismo pedagóxico que ademais infunde a interacción que existe dentro dos ecosistemas.