Que é un microrrelato científico?
É un texto curto onde cóntase algo empregando terminoloxía de ciencias (con termos de bioloxía, matemáticas, física, química, ou xeoloxía).
O importante é que sexan inéditos, e os autores deixen voar a imaxinación xa que a temática é libre, e todos os alumnos e alumnas poden ser moi creativos!
Os seleccionados neste IV Festival do Libro foron expostos nun mural presidido por Gregor Mendel, o pai da xenética, e descubridor das leis que levan o seu nome. Mendel investigou ca planta do chícharo, Pisum sativum, e por iso empregamos cartulinas semellando chícharos amarelos e verdes, sobre as que se pegaron os mellores microrrelatos.
Na selección e corrección dos microrrelatos participaron as profesoras de lingua galega e lingua castelá Carmen García e Sara Perea. Moitas grazas!
noraboa a todos polos relatos científicos e por o traballo colaborativo tan estupendo para a ela boración do mural!
Os tres premiados neste IV Festival: "Sueña leyendo", foron: Carlos, Raúl, e Gema de 3º de ESO e dous accesits para David e Alex de 1º Bac, podedes leelos a continuación:
domingo, 30 de abril de 2017
martes, 18 de abril de 2017
Teatro didáctico e interactivo: #1000likes!
Os alumnos de 3º de ESO asistiron no mes de abril no Auditorio a esta representación teatral onde de xeito interactivo cos seus móviles poideron interactuar e cas súas conversas solucionar a problemática que plasmaba a obra de teatro.
Os alumnos e alumnas do colexio xunto a estudiantes doutros centros disfrutaron dunha obra de teatro divertida pero ademáis moi didáctica, que os fixo reflexionar sobre as conductas nas redes e lles fixo traballar na empatía cos compañeiros. Así eles mesmos identificaron as conductas inapropiadas de cada persoaxe e poideron modificar diálogos e cambiar o desenlace da obra.
lunes, 13 de marzo de 2017
III Concurso de Microrrelatos Científicos
Que é un microrrelato científico? É un texto curto onde contas algo empregando terminoloxía de ciencias (poden ser termos de bioloxía, matemáticas, física, química, ou xeoloxía).O importante é que sexa inédito, deixade voar a vosa imaxinación xa que a temática é libre, e todos sabedes ser creativos!. Lembrade: Podedes facer o microrrelato en galego ou castelán, cun máximo de 150 palabras!
A entrega dos microrrelatos está aberta ata o 1 de abril, no correo: beatriz@feijoozorelle.com
A entrega de premios será na clausura do IV Festival do Libro, e os mellores serán expostos nun mural durante a Semana Cultural no mes de abril.
Podedes ver nestes vídeos os microrrelatos científicos seleccionados nas edicións anteriores:
viernes, 3 de marzo de 2017
3 de marzo Día Mundial da Vida Silvestre!
Neste Día Mundial da Vida Silvestre, anímase á participación da xuventude para facer frente aos problemas relacionados coa conservación. A perda do hábitat, cambio climático, o tráfico de especies e a caza furtiva son algúns dos desafíos máis alarmantes que enfrentan as especies hoxe en día.
Neste enlace podemos ver un vídeo sobre o delito contra a flora e fauna silvestres:
lunes, 20 de febrero de 2017
IV Concurso de Presentacións Ciencia Activa
Nesta lista de slideshare podemos ver as presentacións realizadas para os concursos de Ciencia Activa nestes últimos cursos.Lembrade, unha presentación precisa de:
Título, índice, claridade de ideas, pouco texto, imaxes axeitadas e libres de dereitos, un formato claro, conclusións ou resumo, mención a bibliografía empregada.
IV Concurso de presentacións Ciencia Activa, remata o prazo o 31 de marzo. As últimas dezasete son as presentadas neste curso ainda tedes tempo de facelo, e ademáis sabedes que é unha actividade que puntúa para a cualificación na materia de bioloxía e xeoloxía en 3º e 4º de ESO e 1º BAC. Entrega de premios na Clausura do IV Festival do Libro.
Facendo presentacións e como se aprende, o importante é ir mellorando e explicalas na aula a todos os demáis.
Parabéns e a seguir traballando!
domingo, 19 de febrero de 2017
4º Concurso "Apúntate unha idea" DESMONTA O ALCOL!
A Consellería de Sanidade presenta a cuarta edición do Concurso “Desmonta o alcohol. Apúntate unha idea”, destinado a alumnos da ESO do Concello de Ourense. Nesta edición o tema é Podes ser ti mesmo (sen o alcol), para que axude a inspiración e gravación dun clipmetraxe, unha nova modalidade do concurso.- Os participantes serán estudantes da ESO do Concello de Ourense
- Pódese concursar individualemnte ou en grupo cun máximo de dúas persoas
- Podese participar nunha ou en varias categorías, cun único desenvolvemento creativo
- O tema das propostas deberá estar relacionado con: “O poder de ser ti mesmo (sen alcohol)”
- O xurado será nomeado pola Concellería de Sanidade e a súa decisión será inapelable.
- O Concello resérvase o dereito sobre os traballos presentados, que non se devolverán
Categorías
Haberá catro categorías:
- Un eslogan en galego ou castelán con cinco palabras como máximo para resumir a idea
- Unha acción en galego ou castelán para difundir a idea.
- Un debuxo que exprese a idea.
- Un microrrelato en galego ou castelán cunha extensión máxima de 150 palabras.
- Unha curtametraxe de non máis de UN minuto para gravar a idea. ÁNIMO E A PARTICIPAR!
viernes, 10 de febrero de 2017
Teatro e Ciencia para o próximo Festival do Libro!
Ante a proximidade do IV Festival do Libro, os estudiantes de Cultura Científica xa están empezando a buscar información sobre os científicos e científicas para contarlles a través de breves representacións teatrais, que eles mesmos elaboran, cas que contan con humor as principais achegas científicas. Nesta ocasión serán "Sueños de Ciencia" de Darwin, Mendel, Pasteur, Copérnico, Wegener ou Ada Byron...1º Informarse, leer, analizar, sintetizar para poder discurrir e redactar os fragmentos da vida dos célebres científicos a destacar:
Primeiros ensaios!
Moi ben rapaces!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)









