Deséxovos unhas Felices Vacacións a tod@s!
jueves, 19 de diciembre de 2013
Primeiras Presentacións: "Ciencia Activa"
Os alumnos de 1º xa remataron as súas presentacións para o concurso "Ciencia Activa" sobre diferentes temas de Bioloxía e Xeoloxía. Podedes ver nestas fotos algúns compañeiros mentras explicaban os seus traballos.
martes, 10 de diciembre de 2013
Os enzimas
Os alumnos de 2º BAC podedes repasar o tema dos enzimas nesta presentación, calquer dúbida aclarámola na aula.
domingo, 8 de diciembre de 2013
Un novo fósil!
Consiguen extraer ADN dun fémur fosilizado fai aproximadamente 400.000 anos!
Recoméndovos entrar no enlace e facer clic na imaxe, que corresponde ó blog dos alumnos de 1º BAC onde tratan esta nova.
Recoméndovos entrar no enlace e facer clic na imaxe, que corresponde ó blog dos alumnos de 1º BAC onde tratan esta nova.
viernes, 6 de diciembre de 2013
Organiza o teu estudio!

Lembrade que as probas escritas (2º controis) da 1ª Avaliación son:
3º ESO A y B o luns día 9 decembro (Tema 3 e do 4 o aparello dixestivo e respiratorio). Recuperación do primer control temas 1 e 2.
4º ESO A o luns día 9 (Xenética). Recuperación temas 1 e 2.
4º ESO B o venres día 13 (Xenética). Recuperación temas 1 e 2.
1º BAC o luns día 9 ( Composición química da materia e Tecidos Animais e Vexetais)
2º BAC o luns día 9 ( Auga, glúcidos, lípidos, proteinas, ácidos nucleicos, células procariota, eucariota, membrana, citplasma e núcleo)
Xa sabedes que reviso as libretas e os traballos , que xunto a actitude e comportamento son o 30% da cualificación.
O día 10 de xaneiro do 2014 será a recuperación da 1ª avaliación para os alumnos que non aproben.
Ánimo se traballas é moi doado aprobar!
martes, 3 de diciembre de 2013
A Dixestión e a Respiración.
domingo, 1 de diciembre de 2013
Día Mundial da SIDA

Déixovos un enlace á páxina do Ministerio de Sanidade, onde atoparedes información fiable sobre a SIDA e a súa prevención! ( Fai click sobre a imaxe)
sábado, 23 de noviembre de 2013
Visita á Aula da Natureza de Oira
Alumnos de secundaria de 3º e 4º de ESO asistiron a unha charla sobre os lobos, para coñecer as súas características, a historia e presencia desta especie na Península Ibérica e nos montes galegos en particular. Máis información neste enlace: Canis lupus.
Podedes lembrar a charla nesta secuencia de fotos.
Podedes lembrar a charla nesta secuencia de fotos.
miércoles, 20 de noviembre de 2013
A circulación sanguínea
Para repasar as ideas esenciais do aparello circulatorio déixovos esta animación que o explica con claridade dun xeito sinxelo. Antes de ver o tema 4 de 3º ESO é bó un lembrar conceptos básicos de cursos anteriores.
( Fai clic na imaxe )
jueves, 7 de noviembre de 2013
O castiñeiro e a castaña
O clima de Galicia templado e húmido, é moi favorable para o desenvolvemento do castiñeiro CASTANEA SATIVA . A maioría dos soutos de España encóntranse en Galicia e na zona noroeste.
O castiñeiro, pode alcanzar os 35 m. de altura, formando copas grandes e redondeadas e troncos grosos que poden chegar a ter diámetros considerables. Ten follas lanceoladas con bordes aserrados, caedizas no outono. Os seus froitos, as castañas, aparecen protexidas dentro dun envoltorio duro e cuberto de espiñas, chamado ourizo.
A importancia da castaña en Galicia ponse de manifesto no outono, coa recollida do froito, cando se celebran por todo o país os tradicionais magostos, reunións de veciños, familiares e amigos á calor do lume para degustar as castañas asadas

1. Buscade os nutrientes que se atopan na castaña e os beneficios de incluilas na dieta.
2. Infómate sobre a comercialización das castañas e os seus derivados en Galicia.
3. Enumera beneficios do bosque caducifolio galego
.
domingo, 3 de noviembre de 2013
Eclipse de Sol!
O eclipse de Sol que tivo lugar hoxe, apreciouse mais en Canarias que no resto de España. Aínda que foi en África onde se observou mellor, por iso desprazáronse a Kenia, astrónomos españoles para retrasmitilo.
A Lúa situouse entre o Sol e a Terra, e por uns instantes desapareceu a luz solar!
domingo, 20 de octubre de 2013
Concurso de presentacións: " Ciencia Activa "

"Ciencia Activa" é un proxecto no que os alumnos de 3º ESO, 4º ESO e 1º BAC participaredes na elaboración dunha presentación en google drive ou power point, sobre un tema elexido por vos relacionado ca Bioloxía e Xeoloxía.
Os prazos de entrega das presentacións son:
- 5 de decembro para os alumnos de 1ºBAC.
-13 de xaneiro para os alumnos de 3º ESO e 4º ESO.
As enviades ao meu correo.As presentacións califícanse como traballo práctico da materia. As mellores publicaranse neste Blog ou no Blog de Alumnos de 1ºBAC, ou na Web do Centro. E ca vosa autorización poden publicarse en Slideshare.
Importante: A elección libre dos temas remata este mes!
Como referencia podedes ver algunha das presentacións feitas no curso anterior:
Lembra: Pon o texto en galego, revisa a ortografía, portada, índice, concepto, tipos, orixe, causas, consecuencias, efectos, gráficos, vídeos..., conclusións ( número de diapositivas entre 10-15)
miércoles, 16 de octubre de 2013
Día Mundial da Alimentación
A protección da biodiversidade é unha garantía para obter alimentos dun xeito sustentable. Este ano 2013 a FAO adica o Día Mundial da Alimentación aos sistemas alimentarios sustentables.
![]() |
lunes, 14 de octubre de 2013
Nobel de Medicina 2013
viernes, 11 de octubre de 2013
A Función de Relación nos seres vivos
Todos os seres vivos sabedes que se nutren, se reproducen, e se relacionan. Cando falamos de relación, lembramos que é a capacidade de captar cambios ambientais e responder a eles. As bacterias, as plantas, os fungos, os protozoos e os animais por suposto que o fan de xeito distinto. Nesta presentación tendes un resumo desta función nos diferentes Reinos.
viernes, 4 de octubre de 2013
Unha nova experiencia
Este curso os alumnos de 1º BAC están iniciando un blog no que irán publicando novas científicas, información, datos, experimentos...relacionados cas materias de Ciencias do Mundo Comtemporáneo, e Bioloxía e Xeoloxía. A súa dirección é: http://bioxeozorelle1bac.blogspot.com.es/
martes, 1 de octubre de 2013
ADN, estructura, xénetica e evolución
Con este vídeo podemos comprender a relación entre a Xenética e a Evolución dos seres vivos, grazas o decubrimento da molécula portadora da infomación necesaria para o funcionamento dos organismos: o ADN.
lunes, 23 de septiembre de 2013
A Biodiversidade
Esta presentación explica con claridade o tema da biodiversidade que estamos dando en 1ºBAC
lunes, 16 de septiembre de 2013
Inicio do curso 2013/2014
Ola a tod@s!

Comezamos un novo curso, cheos de ilusións e proxectos e co propósito de rematalo con éxito. Co fin de logralo, intentarei axudarvos na aprendizaxe da Bioloxía e Xeoloxía mediante este blog. Tamén douvos as grazas polas vosas visitas e aportacións nos cursos anteriores, sabendo que mellorarán neste curso que empezamos hoxe.
Benvidos queridos alumn@s!
viernes, 21 de junio de 2013
Bó verán!
O 21 de xuño comeza o verán (solsticio de verano), e tamén chega o inicio das vacacións!
Parabéns os alumnos que aprobaron, e ánimo os que teñen que recuperar nas probas de setembro que serán o día 3 de setembro de 10:30h a 12:30h nas materias de Bioloxía-Xeoloxía de ESO e BAC. Vémonos no curso de recuperación do mes de agosto.
Despídome do grupo do que son titora con esta foto, FELICES VACACIÓNS!
Parabéns os alumnos que aprobaron, e ánimo os que teñen que recuperar nas probas de setembro que serán o día 3 de setembro de 10:30h a 12:30h nas materias de Bioloxía-Xeoloxía de ESO e BAC. Vémonos no curso de recuperación do mes de agosto.
Despídome do grupo do que son titora con esta foto, FELICES VACACIÓNS!
jueves, 6 de junio de 2013
Observación ó microscopio
miércoles, 5 de junio de 2013
Plan Trimestral
Lembra as datas das probas escritas de xuño de Bioloxía e Xeoloxía:
12 mércores----------------------4ºESO A e 4ºESO B
14 venres-------------------------1ºBAC
17 luns----------------------------3ºESO A e 3ºESO B
19 mércores----------------------------Recuperación 2ºBAC
19 mércores----------------------Recuperación final (ESO, e 1ºBAC).
A calificación da materia como xa sabedes é un 70% as probas escritas, un 20% a actitude e o traballo nas clases, e un 10% o cuaderno e os traballos.
Ánimo! Un último esforzo, para acadar o aprobado e pasar un bó verán!
A calificación da materia como xa sabedes é un 70% as probas escritas, un 20% a actitude e o traballo nas clases, e un 10% o cuaderno e os traballos.
Ánimo! Un último esforzo, para acadar o aprobado e pasar un bó verán!
viernes, 31 de mayo de 2013
Homenaxe a J.R. Petri
Julius Richard Petri, o gran microbiólogo alemán, inventor das placas Petri, é homenaxeado en google no aniversario do seu nacemento, polas súas aportacións no campo da Microbioloxía.
Máis información na noticia de "La Voz de Galicia": Julius Richard Petri, creador de universos artificiales.
miércoles, 15 de mayo de 2013
Exposicións 1ºBAC
Na materia de Ciencias do Mundo Contemporáneo, os alumnos de 1ºBAC seleccionaron temas sobre saúde. Traballaron a competencia dixital facendo unhas presentacións, que explicaron os seus compañeiros usando o encerado dixital interactivo.
Aquí tendes algúns exemplos, iremos pondo outros o longo do trimestre.
Aquí tendes algúns exemplos, iremos pondo outros o longo do trimestre.
lunes, 6 de mayo de 2013
Día do Científico Galego 2013: Padre Feijoo
Hoxe, a través da Área de Investigación e Educación da Fundación Pedro Barrié en colaboración coa Real Academia Galega das Ciencias, os alumnos de 3º e 4º da ESO descubriron algunhas experiencias científicas que cambiaron a percepción do mundo. Experiencias eléctricas de Galvani e Leyden, experimentos de Bacon... entre outras actividades sorprendentes, como homenaxe a figura do ourensán Padre Feijoo distinguido como Científico Galego no ano 2013.
domingo, 5 de mayo de 2013
Ciclo Reproductor do VIH
Neste vídeo podemos ver a acción do VIH sobre ás células co fin de reproducirse e destruir o noso sistema inmunolóxico. Tamén explica dun xeito sinxelo o papel dos antirretrovirales. É interesante coñecer a forma de actuar deste retrovirus, pero especialmente pode axudar os alumnos de 2ºBAC xa que teñen que estudialo.
miércoles, 1 de mayo de 2013
Plan trimestral
Organiza o teu estudio!
Prepara os controis de mayo da 3ª avaliación, lembra:10 mayo venres--------------1ºBAC (Reproducción humana, Fotosíntese e Reproducción vexetal)
13 mayo luns--------------3ºESO A e 3ºESO B(Os sentidos, o Aparello locomotor e Reproducción humana)
15 mayo mércores--------------4ºESO A e 4ºESO B( Dinámica ecosistemas e Modelaxes)
2ºBAC: 3ªAvaliación- 1control-------3 de mayo
Proba Final------------------------------24 de mayo
Calquer dúbida podedes consultarme nas clases ou os xoves pola tarde.
Xa sabedes que é importante programar o estudio con tempo. Ánimo!
viernes, 26 de abril de 2013
As Médulas do Bierzo: unha paisaxe cultural e natural
Pasamos un día estupendo disfrutando da natureza, o tempo que aprendemos curiosidades da enxeñería romana.
Moitas grazas polo voso comportamento!
jueves, 25 de abril de 2013
50 anos do descubrimento da Dobre Hélice do ADN
O 25 de abril do 1953 os biólogos James Watson e Francis Crick presentan os resultados das súas investigacións na revista Nature, describindo a estrutura molecular do ADN, en forma de dobre hélice.
(Fuente: sinc - El ADN ya tiene forma)
lunes, 22 de abril de 2013
Día Mundial da Terra
O Día da Terra celébrase o 22 de abril, e ten como obxectivo crear unha conciencia común aos problemas da superpoboación, a produción de contaminación, a conservación da biodiversidade e outras preocupacións ambientais para protexer o noso planeta.
Todos somos responsables dunha xestión sostible dos recursos, as enerxías, os residuos, ... A conciencia individual e educación ambiental son as claves para garantir o futuro da terra, debemos lembralo!
martes, 9 de abril de 2013
Os Bacteriófagos
viernes, 22 de marzo de 2013
Día Mundial da Auga - 22 de marzo

miércoles, 13 de marzo de 2013
O Microscopio Óptico
Como xa vimos no primeiro trimestre as partes e o funcionamento do microscopio, e bó facer un repaso antes das prácticas no laboratorio:
jueves, 7 de marzo de 2013
Plan Trimestral - 2ª Avaliación
Lembrade as datas das probas escritas de marzo:
3ºESO A e 3ºESO B-------luns 11 (sistemas de coordinación)
4ºESO A e 4ºESO B-------mércores 13 (ecosistemas)
1ºBAC----------------------venres 15 (bioloxía-xeoloxía)
1ºBAC----------------------venres 8 (1º control )
2ºBAC---------------------luns 11 (metabolismo, núcleo, mitose, meiose, encimas)
Ademáis os alumnos da ESO co primeiro control pendente, farán un repaso para recuperalo ca nova materia do segundo control.
3ºESO A e 3ºESO B-------luns 11 (sistemas de coordinación)
4ºESO A e 4ºESO B-------mércores 13 (ecosistemas)
1ºBAC----------------------venres 15 (bioloxía-xeoloxía)
1ºBAC----------------------venres 8 (1º control )
2ºBAC---------------------luns 11 (metabolismo, núcleo, mitose, meiose, encimas)
Ademáis os alumnos da ESO co primeiro control pendente, farán un repaso para recuperalo ca nova materia do segundo control.
lunes, 25 de febrero de 2013
Problemas de Xenética
Os alumnos de 1ºBAC e os de 2ºBAC, tendes que repasar os problemas de xenética Mendeliana, neste enlace tendes 28 problemas resoltos con diferentes grados de complexidade, traballade neles e na clase comentaremos as dúbidas.
Tamén podedes practicar con estes problemas e consellos xenéticos paso a paso, que só teñen o enunciado, así podedes probar se os sabedes facer.
jueves, 7 de febrero de 2013
Catabolismo celular: Glucolise
martes, 5 de febrero de 2013
Divisións celulares: mitose e meiose
A Mitose é unha división celular na que a partir dunha célula nai obtense dúas células fillas iguais:
A Meiose é a división celular que da orixe ós gametos:
A Meiose é a división celular que da orixe ós gametos:
martes, 29 de enero de 2013
Plan Trimestral - 2ª Avaliación
Lembrade as datas dos primeiros controis de Bioloxía e Xeoloxía da 2ª Avaliación:
3ºESO A e 3ºESO B -------------- Luns 4 de febreiro
4ºESO A e 4ºESO B--------------Mércores 6 de febreiro
1ºBAC-----------------------------Venres 8 de febreiro
Xa sabedes que podedes consultarme calquer dúbida, na aula ou nas titorías.
3ºESO A e 3ºESO B -------------- Luns 4 de febreiro
4ºESO A e 4ºESO B--------------Mércores 6 de febreiro
1ºBAC-----------------------------Venres 8 de febreiro
Xa sabedes que podedes consultarme calquer dúbida, na aula ou nas titorías.
miércoles, 9 de enero de 2013
2013 Ano Internacional da Quinua e da Cooperación na Esfera da Auga
A Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou este ano 2013 como o "Ano Internacional da Quinua", en recoñecemento das prácticas ancestrais dos pobos andinos, que preservaron a quinua como alimento para xeracións presentes e futuras.
Tamén, o 2013 foi declarado "Ano Internacional da Cooperación na Esfera da Auga" pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, co obxectivo de dar a coñecer o potencial que implicaría un aumento da cooperación na xestión dos recursos hídricos, debido o aumento da demanda de acceso, asignación e os servizos dos recursos hídricos.

Suscribirse a:
Entradas (Atom)