O clima de Galicia templado e húmido, é moi favorable para o desenvolvemento do castiñeiro CASTANEA SATIVA . A maioría dos soutos de España encóntranse en Galicia e na zona noroeste.
O castiñeiro, pode alcanzar os 35 m. de altura, formando copas grandes e redondeadas e troncos grosos que poden chegar a ter diámetros considerables. Ten follas lanceoladas con bordes aserrados, caedizas no outono. Os seus froitos, as castañas, aparecen protexidas dentro dun envoltorio duro e cuberto de espiñas, chamado ourizo.
A importancia da castaña en Galicia ponse de manifesto no outono, coa recollida do froito, cando se celebran por todo o país os tradicionais magostos, reunións de veciños, familiares e amigos á calor do lume para degustar as castañas asadas
1. Buscade os nutrientes que se atopan na castaña e os beneficios de incluilas na dieta.
2. Infómate sobre a comercialización das castañas e os seus derivados en Galicia.
3. Enumera beneficios do bosque caducifolio galego
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario