Alumnos de secundaria de 3º e 4º de ESO asistiron a unha charla sobre os lobos, para coñecer as súas características, a historia e presencia desta especie na Península Ibérica e nos montes galegos en particular. Máis información neste enlace: Canis lupus.
Podedes lembrar a charla nesta secuencia de fotos.
sábado, 23 de noviembre de 2013
miércoles, 20 de noviembre de 2013
A circulación sanguínea
Para repasar as ideas esenciais do aparello circulatorio déixovos esta animación que o explica con claridade dun xeito sinxelo. Antes de ver o tema 4 de 3º ESO é bó un lembrar conceptos básicos de cursos anteriores.
( Fai clic na imaxe )
jueves, 7 de noviembre de 2013
O castiñeiro e a castaña
O clima de Galicia templado e húmido, é moi favorable para o desenvolvemento do castiñeiro CASTANEA SATIVA . A maioría dos soutos de España encóntranse en Galicia e na zona noroeste.
O castiñeiro, pode alcanzar os 35 m. de altura, formando copas grandes e redondeadas e troncos grosos que poden chegar a ter diámetros considerables. Ten follas lanceoladas con bordes aserrados, caedizas no outono. Os seus froitos, as castañas, aparecen protexidas dentro dun envoltorio duro e cuberto de espiñas, chamado ourizo.
A importancia da castaña en Galicia ponse de manifesto no outono, coa recollida do froito, cando se celebran por todo o país os tradicionais magostos, reunións de veciños, familiares e amigos á calor do lume para degustar as castañas asadas

1. Buscade os nutrientes que se atopan na castaña e os beneficios de incluilas na dieta.
2. Infómate sobre a comercialización das castañas e os seus derivados en Galicia.
3. Enumera beneficios do bosque caducifolio galego
.
domingo, 3 de noviembre de 2013
Eclipse de Sol!
O eclipse de Sol que tivo lugar hoxe, apreciouse mais en Canarias que no resto de España. Aínda que foi en África onde se observou mellor, por iso desprazáronse a Kenia, astrónomos españoles para retrasmitilo.
A Lúa situouse entre o Sol e a Terra, e por uns instantes desapareceu a luz solar!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)