Con motivo das conmemoracións do 1 de xuño Día da Ciencia de Galicia e o 5 de xuño Día do Medio Ambiente, os profesores de ciencias de primaria, secundaria e bacharelato, encargaránse de expór no hall do Colexio durante a primeira semana de xuño, unha representación dos traballos feitos polos alumnos durante o curso na materia de ciencias naturais.
Na ESO, os Departamentos de Tecnoloxía e de Ciencias Naturais coordínanse na elaboración dunha molécula de ADN, para dita exposición.
Cómo facer unha maqueta da molécula do ADN? O primeiro repasar a importancia desta molécula nas células e na existencia e funcionamento de calquer ser vivo. Lembrade que un xen é un fragmento de ADN con información para determinar un carácter. O descubrimento da "Dobre Hélice do ADN de Watson e Crick" considérase unha das achegas máis relevantes do século XX, no eido da bioloxía molecular.
Proceso:
- Nunha plancha de porespán debuxamos os azúcares (pentágonos que representan as desoxirribosas, parte fixa nas dúas cadeas de ADN)
- Marcamos as bases nitroxenadas púricas (adenina e guanina) e pirimidínicas ( citosina e timina). As bases son a parte variable, oa orde destes compostos determina as diferencias!
- Mercamos bolas de porespán de 10 cm de diámetro que representarán os fosfatos (H3PO4 que son parte fixa no ADN)
- Na aula de tecnoloxía cortánse as figuras de azúcares e bases, baixo a supervisión do profesor.
- Pintamos os compostos no laboratorio. ( Tendo en conta os criterios definidos sobre as cores para cada composto, non pode haber erros!)
- Procedemos a montaxe en tecnoloxía: unha base de madeira con rodas onde se cravan as dúas guías de madeira que serán as dúas cadeas, onde se insertan as figuras de porespán xa pintadas. Coidando sempre A e T (2 enlaces de pontes de hidróxeno) e G e C (3 enlaces de pontes de hidróxeno)
- O profesor de tecnoloxía e a profesora de bioloxía coordinan a montaxe para que a molécula reflexe o mellor posible a realidade dos xenes!
No hay comentarios:
Publicar un comentario