lunes, 4 de mayo de 2020

7ª Semana de confinamento TITORÍA

VII SEMANA

Queridos alumn@s,
esta semana pasada  estiven chamando as vosas familias para saudarvos a todos e animar a aqueles alumnos que precisaban retomar o seguemento online, coma sabedes podedes repasar, reforzar e/ou recuperar as avaliacións anteriores.
Xa só queda un mes e medio, o 19 de xuño é o último día lectivo. 
Oxalá aproveitedes o repaso telemático para superar todas as materias e non teñades que examinarvos na convocatoria extraordinaria.
Moitos de vos estaredes pensando no curso que ven, e o mellor para orientarvos é que visitedes o enlace ao Departamento de Orientación: ORIENTANDO DENDE CASA 
Moitos ánimos que xa queda pouco, aproveitade a saír a pasear ou correr que xa é un alivio nesta situación de confinamento nas casas.
Unha aperta e lembrade sempre ser positivos e estar activos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario