O alumnado da titoría de 4º ESO A, comeza o mes de decembro preparando a clase para o Nadal. Traballando xuntos na sesión de titoría para que o ambiente do Nadal chegue as aulas, entre todos colaborando na elaboración dunha árbore cas fotos dos alumnos e alumnas, e cunha mensaxe navideña en galego, castelán, francés e inglés. Primeiro repartimos os gorros, segundo posando para as fotos, terceiro gravando unha mensaxe entre todos para os membros da comunidade educativa do colexio plurilingüe Padre Feijoo- Zorelle. Eiquí vemos o resultado:
Unha nova animación dentro da tarefa "Un minuto de Ciencia" do proxecto Ciencia Activa, nesta ocasión realizada por Adriana Rodriguez Novo. Coñece a Newton nun só minuto!
Hoxe o alumnado de bioloxía e xeoloxía de 1BAC e 4ESO asistiron a unha charla sobre a diversidade biolóxica e xeolóxica, da mán do biólogo Justo Veloso.
Na charla resaltou a importancia dos numerosos Parques Naturais galegos, moitos deles na nosa provincia, peculiaridades xeolóxicas e biolóxicas da paisaxe galega. Paisaxes fluviais, glaciares, endemismos, soutos, impactos humanos, castiñeiros milenarios... foron algúns dos temas tratados.
No remate Justo Veloso, resalta unha idea primordial a concienciación que temos que ter todos para coidar do noso entorno, así coma valorar e protexer as especies autóctonas galegas.
Continuamos ca nova tarefa de Ciencia Activa deste curso: Un minuto de ciencia! A continuación vemos un resumo das ideas básicas da Deriva Continental de Alfred Wegener, precursora da Tectónica de Placas. Esta interesante animación foi realizada por Valeria Zapata de 4º da ESO. Non deixes de vela é fantástica:
lunes, 5 de noviembre de 2018
A exposición da Obra Social ”a Caixa”:
O Ártico rompe, ten por obxecto mostrar a singularidade dos ecosistemas do Polo norte, detallando o importante papel que xogan no clima global, así como as súas características físicas e a súa biodiversidade. E todo iso, a través dun centenar de impactantes fotografías dun dos máis prestixiosos fotógrafos de natureza, Andoni Canela. As instantáneas deste vasto, inhóspito e impresionante territorio, realizadas expresamente para a mostra, permiten aos visitantes percorrer os 200 metros cadrados que ocupa a exposición.
O alumnado de 4º da ESO disfrutou este luns día 5 de novembro dunha visita guiada polo Ártico! Aprendendo curiosidades e características destes ecosistemas do polo Norte e dos seus habitantes.
A exposición preséntase dividida en catro ámbitos:
O clima ártico
A vida nunha situación extrema
A pegada humana
As luces do norte.
No seu interior será posible descubrir, por exemplo, por que non se conxelan as patas dos animais, ou se o oso polar é en realidade branco, ademais de escoitar un conto inuit- yupik, música sami e unha infinidade de cousas máis que achegarán aos visitantes ao Ártico.
Moi interesante a visita a exposición sobre o Ártico, foi unha clase de bioloxía e xeoloxía diferente!
Que é Ecoaula?
O alumnado de 4º da ESO A e a súa titora comprométense no coidado do medioambiente, cun xesto tan sinxelo coma a recollida selectiva de papeis e cartóns.
Na sesión de titoría do día 22 de outubro forraron unha caixa con papel de charol e fixeron unhas letras de goma eva, para nela tirar os papeis.
Moi importante: Papeis sen engurrar!
O coidado do medioambiente é necesario, os bosques, as árbores e plantas... son os pulmóns do noso planeta.
Como podemos aportar un pequeno gran de area dende a aula? Pois é doado, os papeis que xa empregamos e non necesitamos os recollemos porque pódense reciclar!
KHADY pega o papel na caixa!
SANDRA recorta as letras
CLARA E ADRI cortan e encolan letras
SHAKIRA recorta!
VALERIA e KHADY rematan a nova papeleira!
NON TE PERDAS ALGÚNS CONSELLOS PARA COIDAR O MEDIOAMBIENTE, A A IMPORTANCIA DE APROVEITAR OS PAPEIS E CARTÓNS:
Criterios de cualificación para as actividades prácticas dende a materia de bioloxía e xeoloxía. Para puntuar ata un máximo de tres puntos e poder sumalos á proba escrita.. Podes elexir as actividades que farás, para poder sumalas ás puntuacións de cada control escrito:
Animacións "Un minuto de Ciencia"-----------------máx.2 puntos
Vídeos------------------------------------------------ máx. 2 puntos
Presentacións Google drive ou power point---------máx.2 puntos
Infografías------------------------------------------- máx. 2 puntos
Murales interactivos--------------------------------- máx. 2 puntos
Art Ciencia Activa------------------------------------ máx. 2 puntos
Entrada no blog------------------------------------- máx. 1 punto
Podcast----------------------------------------------- máx. 1 punto
Actitude e caderno----------------------------------- máx. 1 punto