Alumnos de secundaria de 3º e 4º de ESO asistiron a unha charla sobre os lobos, para coñecer as súas características, a historia e presencia desta especie na Península Ibérica e nos montes galegos en particular. Máis información neste enlace: Canis lupus.
Podedes lembrar a charla nesta secuencia de fotos.
sábado, 23 de noviembre de 2013
miércoles, 20 de noviembre de 2013
A circulación sanguínea
Para repasar as ideas esenciais do aparello circulatorio déixovos esta animación que o explica con claridade dun xeito sinxelo. Antes de ver o tema 4 de 3º ESO é bó un lembrar conceptos básicos de cursos anteriores.
( Fai clic na imaxe )
jueves, 7 de noviembre de 2013
O castiñeiro e a castaña
O clima de Galicia templado e húmido, é moi favorable para o desenvolvemento do castiñeiro CASTANEA SATIVA . A maioría dos soutos de España encóntranse en Galicia e na zona noroeste.
O castiñeiro, pode alcanzar os 35 m. de altura, formando copas grandes e redondeadas e troncos grosos que poden chegar a ter diámetros considerables. Ten follas lanceoladas con bordes aserrados, caedizas no outono. Os seus froitos, as castañas, aparecen protexidas dentro dun envoltorio duro e cuberto de espiñas, chamado ourizo.
A importancia da castaña en Galicia ponse de manifesto no outono, coa recollida do froito, cando se celebran por todo o país os tradicionais magostos, reunións de veciños, familiares e amigos á calor do lume para degustar as castañas asadas

1. Buscade os nutrientes que se atopan na castaña e os beneficios de incluilas na dieta.
2. Infómate sobre a comercialización das castañas e os seus derivados en Galicia.
3. Enumera beneficios do bosque caducifolio galego
.
domingo, 3 de noviembre de 2013
Eclipse de Sol!
O eclipse de Sol que tivo lugar hoxe, apreciouse mais en Canarias que no resto de España. Aínda que foi en África onde se observou mellor, por iso desprazáronse a Kenia, astrónomos españoles para retrasmitilo.
A Lúa situouse entre o Sol e a Terra, e por uns instantes desapareceu a luz solar!
domingo, 20 de octubre de 2013
Concurso de presentacións: " Ciencia Activa "

"Ciencia Activa" é un proxecto no que os alumnos de 3º ESO, 4º ESO e 1º BAC participaredes na elaboración dunha presentación en google drive ou power point, sobre un tema elexido por vos relacionado ca Bioloxía e Xeoloxía.
Os prazos de entrega das presentacións son:
- 5 de decembro para os alumnos de 1ºBAC.
-13 de xaneiro para os alumnos de 3º ESO e 4º ESO.
As enviades ao meu correo.As presentacións califícanse como traballo práctico da materia. As mellores publicaranse neste Blog ou no Blog de Alumnos de 1ºBAC, ou na Web do Centro. E ca vosa autorización poden publicarse en Slideshare.
Importante: A elección libre dos temas remata este mes!
Como referencia podedes ver algunha das presentacións feitas no curso anterior:
Lembra: Pon o texto en galego, revisa a ortografía, portada, índice, concepto, tipos, orixe, causas, consecuencias, efectos, gráficos, vídeos..., conclusións ( número de diapositivas entre 10-15)
miércoles, 16 de octubre de 2013
Día Mundial da Alimentación
A protección da biodiversidade é unha garantía para obter alimentos dun xeito sustentable. Este ano 2013 a FAO adica o Día Mundial da Alimentación aos sistemas alimentarios sustentables.
![]() |
lunes, 14 de octubre de 2013
Nobel de Medicina 2013
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

