viernes, 27 de marzo de 2020

1ºBAC SESIÓN 7

Organización do traballo e explicacións de Bioloxía 1ºBAC para a SEGUNDA semana de traballo dende casa por emerxencia coronavirus. 

(Horario de bioloxía de 1º BAC catro sesións semanais)


Sesión 7

  • CONCEPTOS PREVIOS: Empezamos a sesión pondo en común as ideas previas ao tema que tendes algún dos alumnos. Por exemplo neste audio escoitamos que conceptos previos nos conta Valeria Zapata. O resto dos estudiantes os enviástedes por escrito, parabéns porque a maioría das vosas ideas son correctas, outras divertidas e as correxiremos e comentaremos nesta sesión.



  • IMPORTANTE: EXPLICACIÓN XERAL DA UNIDADE CUN VÍDEO DA PROFE:

 Empezamos cunha explicación das ideas básicas da lección que son as que teredes que saber, a través do seguinte vídeo explicado pola profe e subido ao canle de youtube do Proxecto Ciencia Activa:



  • TAREFA: Nesta sesión imos comezar co visionado e estudio das ideas descritas ata o minuto 6: 29 que é o tempo adicado a importancia da Evolución.

No hay comentarios:

Publicar un comentario