lunes, 30 de marzo de 2020

3ª Semana de confinamento- Titoría

Ola a tod@s,
 espero sigades ben, como sabedes a segunda avaliación se fixo co rexistro de actividades e controis ata o 13 de marzo, as notas póndense consultar pola aplicación ABALAR móvil ou chamando ao colexio o por correo electrónico do cole ou ao meu por ser a titora. 
 Accede a info da web do cole: NOVIDADES 2ª AVALIACIÓN 


 O venres 3 de abril remata o 2º trimestre e comezan as vacacións de Semana Santa, tal e como se contempla no actual calendario escolar. A actividade retomaráse o martes, 14 de abril. En canto recibamos instrucións, informarémosvos sobre a organización da actividade lectiva ao longo do 3º trimestre.
 Aproveito esta mensaxe para darvos a grazas a todos: alumnos, familias e profesores polo esforzo, compromiso, paciencia e agarimo que estades a amosar durante esta situación tan complicada. Teño moitísimas ganas de volver a vervos! Namentres, recibide unha forte aperta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario